A noite do venres para o sábado Laza non durme. Baixo o resplandor dos fachóns, o son rítmico e constante dos bombos máis o latexo dos chocos a vila convértese nun escenario ancestral. O folión non é un desfile calquera; é unha manifestación de forza e comunidade que esperta a terra e avisa a todo o val que o Entroido xa está aiquí. Aiquí non hai melodía, só un ruxido rítmico e constante que che leva a outra época, é un caos perfectamente organizado. Participar no folión non é ser espectador, é deixarse levar polo balbordo, sentir a vibración dos bombos, do metal dos chocos, respirar ese fume que envolve o ambiente, e entender que o Entroido é un xeito de resistencia cultural no que o pobo reclama o seu espazo; e o tempo, detense nese intre, o Folión é o latexo dun pobo que se nega a esquecer quén é.
MAXA Fotografía
Blog de fotos de Maria Xosé e Xaquin. Fotografía Documental de Temática Cultural, Social e Medioambiental.
sábado, 14 de febrero de 2026
viernes, 13 de febrero de 2026
Noite de comadres en Matamá 12.02.2026 -Fotogalería-
Este xoves de Comadres as mulleres da Aldea, volven a demostrar que a unión e a retranca son o motor do Antroido da Aldea. Entre risas, conversas e esa complicidade que só elas entenden, as mulleres toman o mando para dar o pistoletazo de saída aos días máis tolos do ano. Aiquí vos deixo un anaquiño do que foi unha noite chea de diversión e comadrío.
domingo, 1 de febrero de 2026
2ºFolión Antroido Matamá 31.01.2026 - Fotogalería -
O Antroido xa non é unha espera, é unha realidade que xa ruxe polas rúas da nosa Aldea.
Onte a noite, o frío deixounos de importar, en Matamá voltamos a sentir ese arrepío que só o noso Antroido sabe provocar. Neste segundo Folión, o son dos bombos e os sachos marcaron un compás colectivo que levamos dentro de nós latexando en silencio. O Antroido xa está fora, saiu do toco e non hai volta atrás. Esa enerxía que rescatamos da terra xa corre por cada recuncho da nosa Aldea.





































