Verín NON se PECHA
Blog de fotos de Maria Xosé e Xaquin. Fotografía Documental de Temática Cultural, Social e Medioambiental.
sábado, 7 de diciembre de 2019
jueves, 5 de diciembre de 2019
05.12.2019 Concentración dos Nenos, Verín NON se PECHA!!!
Hoxe día 05.12.2019, nas portas do hospital de Verín, manifestáronse uns dos mais afectados; OS NENOS, dos mais afectados, porque non teñen urxencias pediátricas. Verín NON se PECHA!!!
miércoles, 4 de diciembre de 2019
Verín NON se PECHA!!! 04.12.2019
Concentración de hoxe día 04.12.2019, as 11.00 hrs. nas portas do Hospital de Verín. Para a noite hai programada outra concentración as 20.00 hrs. convocada pola Marcha Mundial das Mulleres; e para mañá dia 05.12.2019, as 17.00 hrs. outra concentración con todas as nenas e nenos da Comarca acompañados polos seus pais e nais, tias e tios, avós e avoas...tamén nas portas do Hospital.
domingo, 1 de diciembre de 2019
Verin NON se PECHA!!!
Reunión Pre-manifestación no Bar Fiadeiro e Manifestación do día 30 de novembro de 2.019, en contra do peche do paridoiro do Hospital de Verín.
miércoles, 7 de agosto de 2019
Laxes das Chas e Castelo de Lobarzán
O xacemento das Laxes das Chas e
Castelo de Lobarzán ou Lobarzana, formou parte duns dos tres
territorios ou xurisdiccións que conformaban a Terra de Baronceli,
está sito entre as parroquias de As Chas (Oimbra) e Vilaza
(Monterrei), a uns 600 metros de altitude e dominando gran parte do
val do Támega e do río Búbal.
Nestes días levouse no entorno
unha serie de traballos por parte de arqueólogos e arqueólogas da
Universidade de Vigo, coa intención de estudar toda a zona. Durante
esta intervención atopáronse moitos restos arqueolóxicos
datados en torno aos 4.000 anos os mais antigos, e moitísimo
material e restos romanos e da alta idade media. O entorno do
estudo, está dividido en dúas partes, dúas lombas que terian un
recinto amurallado dunhas 5 hás. Nunha destas lombas habería unha
construcción posiblemente pre-romana, e unha pequena necrópole ou
cemiterio, con tumbas antropomorfas da idade media. Na outra lomba
localízanse os restos do Castelo de Lobarzán ou Lobarzana no que
nesta excavación atopouse unha parte do muro externo e
plataforma do castelo, que lle confiren unha amplitude maior da que
se creia nun principìo.
Polo tanto, pódese decir que a zona foi ocupada prolongadamente dende o calcolítico ata a idade
media, aproximadamente ata o 1.460 que se teñen datos da existencia
do castelo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























































