miércoles, 7 de agosto de 2019

Laxes das Chas e Castelo de Lobarzán


O xacemento das Laxes das Chas e Castelo de Lobarzán ou Lobarzana, formou parte duns dos tres territorios ou xurisdiccións que conformaban a Terra de Baronceli, está sito entre as parroquias de As Chas (Oimbra) e Vilaza (Monterrei), a uns 600 metros de altitude e dominando gran parte do val do Támega e do río Búbal.

Nestes días levouse no entorno unha serie de traballos por parte de arqueólogos e arqueólogas da Universidade de Vigo, coa intención de estudar toda a zona. Durante esta intervención atopáronse moitos restos arqueolóxicos datados en torno aos 4.000 anos os mais antigos, e moitísimo material e restos romanos e da alta idade media. O entorno do estudo, está dividido en dúas partes, dúas lombas que terian un recinto amurallado dunhas 5 hás. Nunha destas lombas habería unha construcción posiblemente pre-romana, e unha pequena necrópole ou cemiterio, con tumbas antropomorfas da idade media. Na outra lomba localízanse os restos do Castelo de Lobarzán ou Lobarzana no que nesta excavación atopouse unha parte do muro externo e plataforma do castelo, que lle confiren unha amplitude maior da que se creia nun principìo.

Polo tanto, pódese decir que a zona foi ocupada prolongadamente dende o calcolítico ata a idade media, aproximadamente ata o 1.460 que se teñen datos da existencia do castelo.