miércoles, 17 de enero de 2024

13.01.2024 San Amaro, Arcucelos

 Esta fin de semana tiveron lugar as festas de San Amaro na Aldea lazana de Arcucelos.  Na madrugada do venres ao sábado o Folión, uns dos primeiros da contorna; contan que antigamente os mozos da Aldea xuntábanse a noite antes do San Amaro para facer ruído polas rúas, e uníanse sempre veciños das aldeas cercanas.  

O sábado despois do solpor fixeron unha gran fogueira preto da capela, onde a xente da aldea e arredores poideron asar panceta, chourizos, coiras... Contan tamén que en tempos facíase unha romaría onde viñan familias enteiras coa intención de ir a misa de San Amaro, e máis aproveitar para pasar o día e asar o chourizo. 






11.01.2024 de Laza a Matamá