miércoles, 25 de diciembre de 2024

FOTOGALERÍA- 24.12.2024 Visita do Pai Natal a Matamá

O día 24 de decembro a tardiña, nun acto organizado pola Asoc. MM.RR. O Cruceiro de Matamá tivemos a visita do Pai Natal que agasallou aos máis cativ@s. Tamén se celebrou, o xa tradicional, concurso de postres de Nadal, onde o listón cada ano está máis alto. Aproveitaron as Mulleres Rurais para repartir os premios as mellores postais, as decoracións tanto das casas como das zonas comúns, ademáis de repartir tamén as cestas de Nadal que tocaron coa lotaría do día 22.

Como sempre unha gran xornada de tarde de Nadal na Aldea de Matamá.