miércoles, 16 de octubre de 2024

-FOTOGALERÍA- 15 de outubro (2024) Día Internacional das Mulleres Rurais

 Para a data do 15 de outubro, Ada máis eu colaboramos coa Asociación de Mulleres Rurais -O Cruceiro- Matamá na realización dunha pequena reportaxe fotográfica. Esta reportaxe consta de dúas partes, na primeira as Mulleres caracterizáronse de xeito desenfadado e vistoso, para mostrar esa cara que no rural non ten tanta visibilidade. Na segunda parte, as Mulleres caracterizáronse como aquelas mulleres dos anos 50-60 do século pasado, mulleres sufridas e traballadoras que forón, e son, un piar importante das aldeas ruais de hoxe en día. A idea desta publicación é dar visibilidade as Mulleres Rurais e recoñecer a súa labor, non o 15 de outubro, senon os 365 días do ano.  Damos as grazas as Mulleres Rurais de Matamá por contar sempre con nós para estas cousiñas.

Fotos Ada: Olympus E-PL 8, obxectivo Lumix G Vario 14-42. Efecto tono dramático nativo.

Fotos Xocas: Nikon Coolpix P1000. Blanco e negro con efecto grafito nativo.