domingo, 18 de mayo de 2025

Andaina "Polos Camiños da Memoria" FOTOGALERÍA 17.05.2025

Este sábado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a Asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro - Matamá organizou unha andaina entre as aldeas de Matamá (Laza) e Vilar (Castrelo do Val). O lema da andaina era "Polos Camiños da Memoria", xa que a tiña como intención lembrar tempos pasados no que tanto as mulleres como os homes de Matamá percorrian a pé e en burro eses camiños que unían ambas aldeas co fin de comerciar e intercambiar os froitos que se daban no val (mazás, peras, cabazas, ...) cos que se daban na montaña (castañas e outos...); camiños, que tamén se percorrían en ambas direccións para ir as festas de San Sebastián (Vilar), San Benito e o Carmen (Matamá).

O son dunha bomba daba a saída a esta andaina de uns 10,5 quilómetros por camiños nos que se vían unhas paisaxes marabillosas preto do río Codias, tamén vimos as aldeas de Retorta, As Eiras, Matamá e Laza, e xa máis no alto preto de Vilar, toda a zona alta de Fontefría, e toda a zona do val parte de Castrelo do Val, Verín, partes de Monterrei e Portugal ao fondo. 

Unha vez na aldea de Vilar, como había tempo ata o xantar, a maioría da xente aprobeitamos para descansar e visitar as rúas desta aldea tan bonita. Chamou a atención un antigo lavadoiro que teñen no fondo da aldea, e que como peculiaridade ten como pía un sarcófago antropomorfo da época alto mediaval do que non se coñece a súa procedencia, ainda que todo apunta a que poida vir do xacemento da Cidadella que se atopa ao leste de Vilar.  O sarcófago está decorado co que parece ser unha estrela, un posíbel instrumento de traballo e o que pode ser unha cara ou careta.  Outra cousiña interesante esperábanos na capela da aldea, unha capela adicada a San Sebastían, e seu altar está sobre un ara romana.

Sobre as 14:00 horas estaba preparado o xantar, no que había embutidos, empanada, abundante bebida de todo tipo (augas, refrescos, viño...) e como colofón final, unha espectacular paella, da que poidemos repetir tanto como quixemos. 

Moitas Grazas por esta xornada!!

Fotos: Xiaomi 13T Leica