A 1ª Romaría Ponte Farruca (porque de seguro haberá máis), é unha iniciativa que nace no rural ourensán, e concretamente na aldea de Laza, e ten como principal obxectivo a revindicación da igualdade da muller e a diversidade sexual e de xénero no ámbito rural.
Foron varias as actividades organizadas; unha camiñata moi accesíbel para tod@s a mañá, sesión vermú, actividades para @s máis pequech@s, moita música, proxeccións adiovisuais sobre a muller e o rural, "mercadillo" de artesanía, faladoiros sobre o colectivo LBGTIQ +, máis música, e as actuacións pola noite de Davide Salvador e Cibrán Seixo, a espectacular Meiga I e máis tarde "Los Jinetes del Trópico".
As fotos son da tarde, faladoiros, música e "mercadillo" de artesanía




























































