martes, 21 de marzo de 2023

Capela da Siota (Xunqueira de Ambía)

Na aldea da Siota, no Concello Ourensán de Xunqueira de Ambía, atopamos unha pequena capela que nos chamou a atención ao pasar pola estrada. Esta pequena capela en honor a Santa Rita data segundo a inscripción do seu dintel de 1905, ainda que ten outra inscripción no campanario ou espadaña de 1922. Obsérvase con toda claridade que está construida sobre outra capela máis pequena  que aproveitaron para construir por riba dela.  No que sería a antiga construcción atopamos o verdadeiramente curioso e chamativo; xa que unha das pedras é un ara romana reutilizada bastante danada cunha inscripción casi ilexíbel. Outra das pedras reutilizadas é unha curiosa xanela xeminada, que tería a súa orixe na alta idade media, e quizáis fora da capela anterior. Existen outras pedras con marcas, e unha cun grabado estraño que non sabemos se será interpretábel. 

No escueto cartaz interpretativo que ten na porta,  data a antiga capela no século XI

Preto da capela xa entrando na aldea, hai unha fonte lavadoiro moi bonita, e nun dos camiños entre a Siota e a aldea veciña de Paciños tamén atopamos algunha curiosa pedra, unha delas cunha cruz grabada. 













domingo, 5 de marzo de 2023

Celebración do Día Internacional da Muller 8M (Asoc. MM.RR. O Cruceiro - Matamá) 05.03.2023

Coa proximidade do 8M, Día Internacional da Muller, a Asoc. MM.RR. O Cruceiro - Matamá, celebrou este domingo o evento "Muller con M de Matamá" que consistiu nun pequeno paseo pola igualdade dus 2,5 quilómetros. Seguidamente unha merenda, onde agasallouse a tres mulleres da nosa Aldea (Josefa, Avelina e Rosa) unhas flores, despois de contarnos un pouco das súas vivenzas.