sábado, 19 de agosto de 2023

18/08/2023 Merenda Asoc. MM.RR. O Cruceiro - Matamá


Onte desfrutamos dunha entretida tardiña na fermosa área recreativa xunto ao río Támega en Matamá.  A Asociación de MM.RR. O Cruceiro - Matamá prepararon un evento con diversas actividades para non aburrirnos.
Para @s cativ@s tiñan inchábeis con auga, para mitigar un pouco a calor.
Tiñan unha exposición con traballos feitos por elas nas actividades que levan a cabo durante todo o ano, costura creativa, manualidades, maquina de coser... 
Despois unha merenda onde non faltou de nada, bebida, patatas, embutidos, empanadillas caseiras, madalenas con chocolate....
Acto seguido fíxose a presentación da boneca deseñada pola "profe" de manualidades Carme Gómez para o obradoiro de bonecas que terá lugar entre os meses de setembro e outubro, e que bautizaron como "Pepita" en recoñecemento da labor que levou a cabo "Pepita Blanco Casalta" na Asociación de Mulleres Rurais.
Un pouco despois tiveron un divertido sorteo onde había todo tipo de productos, dende bragas, botellas de viño, bacinillas, toallas, e un longo etcétera de artículos.
Máis tarde, así que o sol xa non quentaba tanto, tivo lugar o "masterclass" de Zumba, outra das actividades que realiza a Asociación durante todo o ano; esta foi dirixida pola "profe" Mónica, que fixo sudar a tod@s @s participantes.