viernes, 22 de agosto de 2025

Vaga de lumes 08.2025

 Dende principios da semana pasada (12.08.2025) ata hoxe, estamos afectados pola maior vaga de lumes que coñezo dende que estou en Galiza, estos lumes están afectando ao Macizo Central Ourensán, a zona de Valdeorras, a zona de Maceda, a  zona de Pena Trevinca, a zona de A Gudiña-A Mezquita e como non a Comarca de Monterrei con todos os seus Concellos afectados. Levan ardidas preto de  95.000 hás. de monte, entrou en aldeas e queimó multitude de vivendas, granxas e animais; arruinó a forma de vida de moitas persoas do rural, que xa tan marxinados estamos.  Deixovos algunhas fotos destos días, ainda que non son moi boas, xa que estes días había que estar a outra cousa.














































domingo, 10 de agosto de 2025

"En Matamá Paseamos en bici" II edición. 10.08.2025 -FOTOGALERÍA-

Segunda edición de "En Matamá Paseamos en Bici" un evento organizado pola Asociación de Mulleres Rurais -O Cruceiro- de Matamá.

Trátase dun pequeno paseo en bici polas pistas da concentración parcelaria de Matamá, onde podes engalanar a bicicleta con flores, globos, banderolas, etc... a inención é ser imaxinativo, pasar unha mañá de domingo diferente e pasalo xenial.

A participación foi espectacular, preto de 70 bicicletas, onde houbo agasallos para os peques, os maiores, e un pequeno pincho na área recreativa do río.