En Matamá, como noutras aldeas do Concello de Laza, érguese o Maio; antigamente íase buscar as escondidas, e colliase unha árbore dalgún veciño, intentando que este non se decatara da súa ausencia, colocábase no campo da festa e un tempo despois cortábase.
A festividades dos Maios é unha celebración moi ancestral con connotaciós rituais totémicas á divinidade primaveral ou a das árbores; é común en toda a Península e en moitos paises de Europa, onde existen variantes desta celebración. As oríxenes da festividade remóntase as antigas civilizacións fenicias e gregas, celebracións asumidas polas civilizacións prerromanas como a celta, romanizandose mais tarde. Na Hispania romana, adorábase a Bona Dea, tamén chamada Maya, Maia ou Fauna. Cando chegou a relixión cristián, en moitos lugares reemplazouse o tótem sagrado polo símbolo da cruz cristián(cruces de maio), identificándose a celebración coa veneración a virxe María.



























No hay comentarios:
Publicar un comentario