martes, 10 de mayo de 2022

Castelo de Malpaso ou San Salvador De Todea.

     Preto da Aldea de San Salvador dos Penedos en Allariz, atópanse uns restos que nalgúns mapas danlle o nome de Castelo de Mouresiños, ainda que é coñecido pola xente do lugar como Castelo de Malpaso e os investigadores e arqueólogos nos últimos estudos feitos noméano como Castelo de San Salvador de Todea.

    Os restos son dunha pequena fortificación feita aproveitando un afloramento rochoso e que tería como principal función vixiar e controlar o paso entre o Val do Limia e o Val do Arnoia. Esta fortificación tería uns 700 m2 e constaría de estancias domésticas, artesanais e militares. Atopáronse evidencias de que a fortificación podería estar ocupada dende épocas Alto Medievais, pero, tal como se coñece na actualidade sería construída no século XII, e tería uso ata os inicios do século XV. Segundo algúns documentos do ano 1.197 este Castelo tiña algunhas terras pola zona da Limia, e o Castelo máis as terras de Todea as gobernaban uns Tenentes, ata que todo o territorio Alaricano pasou a formar parte das posesións do Infante Felipe.

    A pouca distancia da Fortaleza, nunha pequena plataforma granítica, atopáronse dous sarcófagos antropomorfos labrados na rocha, este tipo de enterramentos datan do seculo IX - X, obsérvanse tamén nesta rocha labrados ou rebaixes que corresponderían a algún tipo de extructura quizáis anterior aos enterramentos.

    (A última foto desta entrada corresponde a unha recreación do Castelo que se ven nos cartaces interpretativos, e a ilustración fíxoa Iago Araújo).






















No hay comentarios:

Publicar un comentario