A carón do río Rubín uns dos afluentes do Búbal, atópase a aldea de Paradiña; ainda que hoxe é un lugar esquecido, en tempos, e como o seu nome indica, era un lugar de paso e parada dende o val de Monterrei ata A Limia. Actualmente ten 6 ou 7 vivendas casi derruidas e o que parece ser unha pequena capela adicada a San Paio (tamén case derruida) e arredor da cal celebrábase unha romaría.
Ainda que hoxe pertence a parroquia de Rebordondo, este lugar pertenceu a parroquia de Vilaza ata o ano 1893. A primeira vez que se ten referencias desta aldea, é nun documento que data do ano 950, aparecendo denominada como "Paradela". A tradición popular conta que na aldea vivía a señora María do Arangaño, unha curandeira que coas augas dos regatos da zona curaba o arangaño.
A derradeira veciña desta aldea marchou dela a principios de 1990, quedando esta totalmente despoboada.


















No hay comentarios:
Publicar un comentario